sábado, 13 de mayo de 2017

 COMPOSICIÓN Nº 14:

O contexto histórico no que nos atopamos correspóndese coa dimisión de Carlos Arias Navarro, quen levou a cabo tras a morte do Xeneralísimo, un goberno franquista pero sen Franco. Durante este goberno, Navarro levou a cabo un inmobilismo que provocou gran conflictividade social e tamén proclamou o indulto para liberar ós presos políticos, que realmente, favoreceu máis a delincuentes e foi insuficiente. Ante este goberno de dereitas, a esquerda xuntouse baixo a Coordinación Democrática ou Platajunta, que pretendían abrir paso a un sistema liberal e democrático, con amplias liberdades e dereitos. Tras unha reunión obreira en Vitoria e a súa represión , o goberno de Navarro foi desmatelado e o rei forzou a súa dimisión, que finalmente logrou en xullo do 1976. Neste momento comeza o goberno de Adolfo Suárez, nomeado polo monarca.
A chegada ó poder de Suárez, supuxo certo asombro tanto nas dereitas como nas esquerdas debido á súa colaboración con Franco, pero a pesar de isto, Suárez limitouse a actuar con realismo e levar a cabo as reformas que a sociedade demandaba, como ás que se refire no documento 1: liberdades (como a de crear asociacións políticas), a particpación igualitaria... e tamén aprobou unha amnistía para os presos políticos.
Este clima de maior liberdade é aproveitado polos sindicatos, quenes crean a Coordinadora de Organizacións Sindicais, con Comisións Obreiras á cabeza. Dánse tamén manifestacións diversas e recitais musicais, polo que se nota a importancia que ten a sociedade civil, que pide reformas políticas, laborais, económicas e sociais.
Ten impotancia tamén neste momento o terrorismo, xa que a transición foi un proceso moi violento. Destacan grupos terroristas de esquerda como ETA, GRAPO ou FRAP; e tamén de extrema dereita como Triple A. Ambos levaron a cabo numerosos atentados, secuestros e crímenes, que tamén afectaron a civís e non só a políticos.
O goberno de Suárez ve necesario para avanzar nas reformas a creación da “Lei de Reforma Política” presentada ás cortes como explica o documento 2 o e aprobada o 18 de novembro do 1976, con propostas como a recuperación da soberanía popular, establecer Cortes cuxos membros fosen elixidos por sufraxio universal, defender os dereitos fundamentais individuais e tamén recoñecer o pluripartidismo. Esta lei foi aprobada polas Cortes e recoñeceuse como lei fundamental.
Este avance reformista fixo que se suprimise tamén o Tribunal de Orde Pública, convocou eleccións, legalizou os partidos políticos e disolveu o Movimiento Nacional.
Legalizáronse ata 78 partidos co PSOE e PCE de principais referencia nas esquerdas. A legalización do PCE foi larga e conflictiva debido á oposición pero conseguiuse.
Como partido de centro nace UCD (Unión de Centro Democrático) liderado por Suárez e tamén na dereita se crea Alianza Popular, con Fraga á cabeza. Proclámanse eleccións o 15 de xullo do 1977 como indica o documento 3. Para estas levouse a cabo un procedemento xusto basado na “Lei D´Hont” e gañou finalmente UCD pero non con maioría, polo que seguiu as reformas e buscou apoio noutras forzas políticas. Neste momento, España entra no Consello de Europa.
Cabe destacar os Pactos da Moncloa presentados por Fuentes Quintana destinados a resolver a crise económica (arrastrada dende o 1973) e aprobados por consenso no 1977, con dous grandes obxectivos: sanear a economía desvalorizando a peseta, vinculando o salario coa taxa de inflación e, en materia social, creando o INEM, e aumentar plazas escolares; e por outra parte, avanzar nas reformas políticas creando o código de xustixa militar, o código penal, etc...
Tras as eleccións de xullo, lévase a cabo a elaboración dunha costitución sen exclusións, e iniciábase así un período lexislativo e tamén constituínte. A encargada da súa elaboración foi a Comisión de Asuntos Constitucionais, e o 6 de decebro, esta someteríase a referendo tras una intensa campaña. Finalmente sería sancionada polo rei e publicada no Boletín Oficial do Estado. Como explica no documento 4, recoñécese a España como un Estado social e democrático de Dereito, que propugna a liberdade, xustiza, igualdade e pluralismo político. A liberdade convertíase entón no valor dos valores e proclamábase que a soberanía nacional residía no pobo español. Tiña como base a unidade de Nación e o dereito á autonomía. Esta constitución recoñecía nos seus artigos os dereitos humanos e as liberdades e establecía un Estado aconfesional que garantía a liberdade de xustiza, ensinanza, mercado, relixión, ideoloxía...; fixaba a maioría de idade nos 18 anos e dividía o poder en tres sectores: o lexislativo, que radicaba nas Cortes e dividíase á súa vez en dúas cámaras (Congreso e Senado) que eran elexidos por sufraxio universal; o executivo, que recaía no goberno e dirixía a política interior, exterior e presentaba os proxectos de leis ás Cortes; e finalmente o xudicial, formado por xuíces independentes que defendían os dereitos dos cidadáns.
Tras as elección prodúcese en UCD unha crise que impide levar a cabo as reformas (aínda que algunhas si), debido a tres factores: a crise económica que se arrastraba dende o 1973 e produciu un importante nivel de paro, descontento e conflictividade social; o proceso autonómico, xa que algúns factores políticos consideraban que perigaba a unidade nacional; e a Operación Galaxia, formada pola oposición ultradereitista (militares e gardas civís) que fixeron constante a ameaza golpista. Ante esta crise de UCD, Felipe González (líder do PSOE) presentou unha moción de censura, o que debilitou aínda máis o goberno e fixo que ante a imposibilidade de levar a cabo as reformas, Suárez dimitise, deixando como sucesor a Calvo Sotelo, quen chegou ao poder nun momento demsiado tenso, xa que o 23 de febreiro produciuse un intento de golpe de estado por parte de militares e gardas civís, liderados polo general Tejero, que asaltaron o Congreso dos Deputados. Neste momento, e como indica o documento 5, o rei púxose en contacto coas Capitanías Xenerais, asegurando así a fidelidade á coroa e á Constitución, e pronuciou un discurso na TVE a favor da democracia, que fixo que incluso os opostos á monarquía o aplaudisen. Tras esto, condenou o golpe de estado e os participantes nel foron detidos, procesados e condenados.
Finalmente, no ambiente tenso no que gobernaba Calvo Sotelo, este levou a cabo a lei do divorcio, e conseguiu a integración de España na OTAN, algo moi mal visto por sectores de esquerda. A descomposición de UCD e a falta de apoio a Sotelo, fixeron que este disolvese as Cortes e convocase eleccións para o 28 de outubro do 1982, que finalmente gañaría Felipe González, líder do PSOE e con maioría, comom queda reflectido nos escanos representados no último documento (6). Este goberno levará a cabo unha acción nun momento nada fácil, pero conseguirá certa estabilidade e realizará importantes cambios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario