jueves, 18 de mayo de 2017
sábado, 13 de mayo de 2017
COMPOSICIÓN Nº 14:
O contexto histórico no que nos
atopamos correspóndese coa dimisión de Carlos Arias Navarro, quen
levou a cabo tras a morte do Xeneralísimo, un goberno franquista
pero sen Franco. Durante este goberno, Navarro levou a cabo un
inmobilismo que provocou gran conflictividade social e tamén
proclamou o indulto para liberar ós presos políticos, que
realmente, favoreceu máis a delincuentes e foi insuficiente. Ante
este goberno de dereitas, a esquerda xuntouse baixo a Coordinación
Democrática ou Platajunta, que pretendían abrir paso a un sistema
liberal e democrático, con amplias liberdades e dereitos. Tras unha
reunión obreira en Vitoria e a súa represión , o goberno de
Navarro foi desmatelado e o rei forzou a súa dimisión, que
finalmente logrou en xullo do 1976. Neste momento comeza o goberno de
Adolfo Suárez, nomeado polo monarca.
A chegada ó poder de Suárez, supuxo
certo asombro tanto nas dereitas como nas esquerdas debido á súa
colaboración con Franco, pero a pesar de isto, Suárez limitouse a
actuar con realismo e levar a cabo as reformas que a sociedade
demandaba, como ás que se refire no documento 1: liberdades (como a
de crear asociacións políticas), a particpación igualitaria... e
tamén aprobou unha amnistía para os presos políticos.
Este clima de maior liberdade é
aproveitado polos sindicatos, quenes crean a Coordinadora de
Organizacións Sindicais, con Comisións Obreiras á cabeza. Dánse
tamén manifestacións diversas e recitais musicais, polo que se nota
a importancia que ten a sociedade civil, que pide reformas políticas,
laborais, económicas e sociais.
Ten impotancia tamén neste momento o
terrorismo, xa que a transición foi un proceso moi violento.
Destacan grupos terroristas de esquerda como ETA, GRAPO ou FRAP; e
tamén de extrema dereita como Triple A. Ambos levaron a cabo
numerosos atentados, secuestros e crímenes, que tamén afectaron a
civís e non só a políticos.
O goberno de Suárez ve necesario para
avanzar nas reformas a creación da “Lei de Reforma Política”
presentada ás cortes como explica o documento 2 o e aprobada o 18 de
novembro do 1976, con propostas como a recuperación da soberanía
popular, establecer Cortes cuxos membros fosen elixidos por sufraxio
universal, defender os dereitos fundamentais individuais e tamén
recoñecer o pluripartidismo. Esta lei foi aprobada polas Cortes e
recoñeceuse como lei fundamental.
Este avance reformista fixo que se
suprimise tamén o Tribunal de Orde Pública, convocou eleccións,
legalizou os partidos políticos e disolveu o Movimiento Nacional.
Legalizáronse ata 78 partidos co PSOE
e PCE de principais referencia nas esquerdas. A legalización do PCE
foi larga e conflictiva debido á oposición pero conseguiuse.
Como partido de centro nace UCD (Unión
de Centro Democrático) liderado por Suárez e tamén na dereita se
crea Alianza Popular, con Fraga á cabeza. Proclámanse eleccións o
15 de xullo do 1977 como indica o documento 3. Para estas levouse a
cabo un procedemento xusto basado na “Lei D´Hont” e gañou
finalmente UCD pero non con maioría, polo que seguiu as reformas e
buscou apoio noutras forzas políticas. Neste momento, España entra
no Consello de Europa.
Cabe destacar os Pactos da Moncloa
presentados por Fuentes Quintana destinados a resolver a crise
económica (arrastrada dende o 1973) e aprobados por consenso no
1977, con dous grandes obxectivos: sanear a economía desvalorizando
a peseta, vinculando o salario coa taxa de inflación e, en materia
social, creando o INEM, e aumentar plazas escolares; e por outra
parte, avanzar nas reformas políticas creando o código de xustixa
militar, o código penal, etc...
Tras as eleccións de xullo, lévase a
cabo a elaboración dunha costitución sen exclusións, e iniciábase
así un período lexislativo e tamén constituínte. A encargada da
súa elaboración foi a Comisión de Asuntos Constitucionais, e o 6
de decebro, esta someteríase a referendo tras una intensa campaña.
Finalmente sería sancionada polo rei e publicada no Boletín Oficial
do Estado. Como explica no documento 4, recoñécese a España como
un Estado social e democrático de Dereito, que propugna a liberdade,
xustiza, igualdade e pluralismo político. A liberdade convertíase
entón no valor dos valores e proclamábase que a soberanía nacional
residía no pobo español. Tiña como base a unidade de Nación e o
dereito á autonomía. Esta constitución recoñecía nos seus
artigos os dereitos humanos e as liberdades e establecía un Estado
aconfesional que garantía a liberdade de xustiza, ensinanza,
mercado, relixión, ideoloxía...; fixaba a maioría de idade nos 18
anos e dividía o poder en tres sectores: o lexislativo, que radicaba
nas Cortes e dividíase á súa vez en dúas cámaras (Congreso e
Senado) que eran elexidos por sufraxio universal; o executivo, que
recaía no goberno e dirixía a política interior, exterior e
presentaba os proxectos de leis ás Cortes; e finalmente o xudicial,
formado por xuíces independentes que defendían os dereitos dos
cidadáns.
Tras as elección prodúcese en UCD
unha crise que impide levar a cabo as reformas (aínda que algunhas
si), debido a tres factores: a crise económica que se arrastraba
dende o 1973 e produciu un importante nivel de paro, descontento e
conflictividade social; o proceso autonómico, xa que algúns
factores políticos consideraban que perigaba a unidade nacional; e a
Operación Galaxia, formada pola oposición ultradereitista
(militares e gardas civís) que fixeron constante a ameaza golpista.
Ante esta crise de UCD, Felipe González (líder do PSOE) presentou
unha moción de censura, o que debilitou aínda máis o goberno e
fixo que ante a imposibilidade de levar a cabo as reformas, Suárez
dimitise, deixando como sucesor a Calvo Sotelo, quen chegou ao poder
nun momento demsiado tenso, xa que o 23 de febreiro produciuse un
intento de golpe de estado por parte de militares e gardas civís,
liderados polo general Tejero, que asaltaron o Congreso dos
Deputados. Neste momento, e como indica o documento 5, o rei púxose
en contacto coas Capitanías Xenerais, asegurando así a fidelidade á
coroa e á Constitución, e pronuciou un discurso na TVE a favor da
democracia, que fixo que incluso os opostos á monarquía o
aplaudisen. Tras esto, condenou o golpe de estado e os participantes
nel foron detidos, procesados e condenados.
Finalmente, no ambiente tenso no que
gobernaba Calvo Sotelo, este levou a cabo a lei do divorcio, e
conseguiu a integración de España na OTAN, algo moi mal visto por
sectores de esquerda. A descomposición de UCD e a falta de apoio a
Sotelo, fixeron que este disolvese as Cortes e convocase eleccións
para o 28 de outubro do 1982, que finalmente gañaría Felipe
González, líder do PSOE e con maioría, comom queda reflectido nos
escanos representados no último documento (6). Este goberno levará
a cabo unha acción nun momento nada fácil, pero conseguirá certa
estabilidade e realizará importantes cambios.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)